Saturday 20 de April de 2024

Touro celebra o próximo venres pola tarde a súa Festa de Nadal


O Concello de Touro celebra o próximo venres, 23 de decembro de 2022, pola tarde a súa Festa da Nadal. Será no Pavillón Municipal de Deportes á partir das 16.30 horas. A cita comezará con xogos de animación, obradoiros de manualidades e tatoos. Será ata ás 19.30 horas, na que está prevista a visita de Papá Noel. As nenas e nenos que acudan poderán entregarlle a súa carta coa petición de regalos para Nadal. Entre 18.30 e 19.30 horas está prevista a función Soño.